Abanca lanza a súa liña de seguros xerais
Publicado o 19/05/2021 13:19

Abanca conta xa coa súa propia liña de seguros xerais. O banco presentou hoxe a oferta da compañía en alianza con outra marca francesa de seguros.
O primeiro produto desta liña de Abanca foi o seguro de vehículos, que conta xa con 6.000 clientes. Dende esta semana comercializa tamén os seguros de vida e de protección de pagos. Xa o ano que vén lanzarán produtos para familias ou fogar.