CRTVG

Buscar

ABANCA gañou un 10 por cento máis que o ano pasado, 367 millóns de euros

Publicado o 24/01/2018 21:26

Abanca gañou en 2017 367 millóns de euros, un dez por cento máis que o ano anterior. 

A entidade mellorou os seus ingresos nun 17 por cento. O banco conseguiu un oito por cento máis de clientes, con 40.000 novas nóminas domiciliadas, que lle permitiron reducir a taxa de morosidade e gañar en solvencia. Para os vindeiros anos, pretenden manter e incrementar o ritmo de crecemento e continuar modernizando o banco.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/01/2018