CRTVG

Buscar

Abanca gaña 430 millóns en 2018, un 17 % máis ca o ano anterior

Publicado o 29/01/2019 16:26

Abanca rexistrou en 2018 un beneficio neto de 430 millóns de euros, un 17 por cento máis que o ano anterior, converténdose nunha das máis rendibles do sector financeiro.
Coa adquisición da filial portuguesa de Deutsche Bank e da Caixa Geral o volume de negocio achégase aos 83.000 millóns de euros.

Abanca pechou o mellor ano da súa história cun beneficio neto de 430 millóns de euros, un 17 por cento máis. Cunha rendibilidade do 11 por cento, moi por riba da media nacional, a entidade galega convértese nunha das máis solventes do sector.

Coa recente adquisición da filial portuguesa de Deutsche Bank e da rede da Caixa Geral en España, o volume de negocio medrou ata preto dos 83.000 millóns de euros.
Uns números que se asentan en boa medida no incremento da formalización de hipotecas para primeira vivenda, das nóminas domiciliadas e da comercialización de plans de pensións, fondos de investimento e seguros.

Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca: "Conseguimos diminuír considerablemente a taxa de morosidade, estamos xa en niveis de 3,6 que veñen sendo niveis semellantes á media europea e moi por debaixo das medias da banca española".

Escotet aparcou, polo momento, a posible saída de Abanca a bolsa e confirmou a aposta por Pescanova da que a entidade que preside é a principal accionista.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/01/2019