Abanca convértese na propietaria do Deportivo
O 96% dos accionistas representados na asemblea aprobaron a capitalización de 35 millóns de euros de débeda en accións
A chegada do novo dono ao club foi o punto máis que provocou máis discrepancia entre os intervenientes. Porque non todos botan igual as contas...
O presidente Vidal defendeu a chegada do socio financeiro, pero onde el ve un salvavidas, outros, coma o ata onte conselleiro Otero ou o antigo asesor xurídico, Rodríguez Conchado, ven un asalto.
A directiva obtivo un forte respaldo dos presentes ás súas accións no caso Fuenlabrada, pero no medio da lea tamén apareceu a crítica á xestión deportiva. Conchado pediulle a dimisión do consello.
Así e todo, o consello impúxose con absoluta claridade nas votacións, mesmo na que decidiu o cesamento de Miguel Otero coma conselleiro a instancias do propio presidente.