CRTVG

Buscar

Abanca pecha a compra de Bankoa á entidade francesa Crédit Agricole

Publicado o 30/09/2020 08:11

Abanca pecha a compra de Bankoa á entidade francesa Crédit Agricole. A operación sitúa o volume de negocio da entidade galega en 93.000 millóns de euros. E consolida o seu posicionamento como a sexta entidade española en activos. A compra do banco vasco reforza ademais a presenza de Abanca na cornixa cantábrica. Entre particulares e empresas, Bankoa ten na actualidade máis de 40.000 clientes.

Noticias web

30/09/2020