CRTVG

Buscar

Abanca compra a filial española de Caixa Geral por 384 millóns

Publicado o 14/10/2019 20:27

Hai algo menos dun ano Abanca gañaba a poxa coa que o Estado portugués se desfacía da filial española da Caixa Geral despois de nacionalizar a entidade. Este luns, as dúas partes formalizaron a operación por 384 millóns de euros. Son 110 oficinas en Estremadura, Madrid e, 27 delas, en Galicia. O presidente de Abanca espera que non sexa a última adquisición.

Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca, cre que "o escenario que temos no medio prazo fai indispensable novos procesos de integración. O mercado teno que entender, fai falta que as contrapartes tamén o entendan e que o saiban aproveitar. Polo noso lado, a vocación, claramente, existe".

O que si desbotou Juan Carlos Escotet foi volver intentar a compra de Liberbank, tras o fracaso da OPA que lanzou en febreiro. A absorción da Caixa Geral engordará o volume de negocio de Abanca en 7.000 millóns de euros. É xa o sétimo banco español por fondos propios e o oitavo por volume de activos.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/10/2019