Abadín acolle este sábado a feira Expogrelo cunha moi boa colleita
Os podutores da Terra Chá seleccionan estes días os mellores grelos para levalos mañá a Expogrelo, a feira que se celebra en Abadín. O inverno algo atípico deste ano favoreceu a colleita e deu como resultado un produto de calidade.
"Foi un inverno raro pero os nabos son moi bos porque houbo xeada,non houbo moita auga,houbo un pouco de sol, un pouco de sol e non veu a neve para estropealos." di Isabel Seijo, productora de grelos.
"Na feira imos atopar o produto estrela do concello que é o grelo, haberá 20 greleiras e haberá tamén queixo, artesanía e agardamos que moita xente tamén"conta Chus Bello da organización de Expogrelo.
Din os produtores que o grelo da Terra Chá é diferente ao doutras zonas produtoras de Galicia polo clima e a composión dos solos.
Á feira de mañá só levarán os mellores escollidos un a un e á man.
"É un grelo de moita calidade. Este é o grelo de Lugo e diferénciase do de Santiago. Os entendidos din que este é de máis calidade e ten moitas propiedades", afirma Chus Bello da organización.
Os nabos supoñen un importante recurso nesta zona. As súas follas consómense primeiro como nabizas e despois como grelos. A raíz úsase como fertilizante ou como alimento dos animais.