CRTVG

Buscar

A zoqueira Elena Ferro, galardoada co Premio Nacional de Artesanía

Publicado o 13/12/2019 23:56

Visitamos o obradoiro que ten en Vila de Cruces a zoqueira Elena Ferro, galardoada co Premio Nacional de Artesanía deste ano. O galardón recoñece que nos seus deseños soubo mesturar un elemento da tradición do rural galego coa innovación da moda urbana.

É o obradoiro que a zoqueira Elena Ferro ten en Merza, no concello pontevedrés de Vila de Cruces. De aquí dentro saen os zocos polos que foi recoñecida co Premio Nacional de Artesanía deste ano. Cóntanos que foi no ano 95 cando comezou a facer cambios no zoco tradicional ata que deu con estes deseños que a fixeron merecedora do galardón.

"Como a finais dos anos 70 deixou de usarse no campo, pois eu tiña medo de que desapareceran é algo que di moito da nosa cultura e de como somos os galegos. Entón a partir de aí comecei a facer cambios e ata o 2010 que empezaron a encaixar e a gustar, foron quince anos de moito traballo", explica Elena Ferro.

Neste obradoiro traballan dez persoas que fan uns oito mil pares de zocos ao ano, practicamente de xeito artesanal.

Por zocos como estes a galega Elena Ferro conseguiu o Premio Nacional de Artesanía deste ano, O xurado recoñeceu e valorou no seu traballo, por un lado, o mantemento da tradición dun elemento do rural galego e por outro a innovación ao conseguir convertelos nun calzado de moda urbana.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/12/2019