CRTVG

Buscar

A xustiza venezolana ordena deter o opositor Leopoldo López

Publicado o 02/05/2019 20:54

• Maduro chama os militares a combater "traidores" e "golpistas"

A xustiza venezolana ordena capturar a Leopoldo López, refuxiado na residencia do embaixador español en Caracas tras burlar o arresto domiciliario. O líder opositor é un mero hóspede na legación diplomática pero se o desexa pode pedir asilo político porque é territorio español. Atópase coa súa filla de meses e a súa muller, Lilian Tintori, que hoxe abandonou esa residencia para comprobar os danos na súa casa tras ser asaltada. Tintori culpa do ocorrido os servizos secretos venezolanos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/05/2019