CRTVG

Buscar

A xustiza reclama 885.000 euros ao dono da leira de Totalán onde morreu o pequeno Julen

Publicado o 20/09/2019 12:24

O dono da leira da localidade malagueña de Totalán onde estaba o pozo en que caeu o pequeno Julen será xulgado por un suposto delito de homicidio por imprudencia. Segundo o auto de apertura da vista oral, David Serrano deberá depositar unha fianza de case 900.000 euros para facer fronte a posibles indemnizacións.

Segundo asegura o xornal Diario Sur de Málaga, que tivo acceso ao auto de apertura de xuízo oral, a maxistrada que investiga a morte do pequeno Julen impútalle un delito de homicidio imprudente a David Serrano, dono da leira de Totalán onde está o pozo en que caeu o menor.

A xuíza reclámalle tamén que deposite unha fianza de 885.000 euros para facer fronte a posibles indemnizacións. Esta cantidade cobre o custo da operación de rescate e un terzo máis que é o que establece a Lei de axuizamento criminal.

A Fiscalía solicita tres anos de cárcere para David Serrano e a acusación particular tres anos e medio. Dado que as penas solicitadas non exceden os cinco anos de cárcere, será un xulgado do penal e non a Audiencia quen o xulgue. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/09/2019