CRTVG

Buscar

A xustiza ratifica unha multa ao Concello de Vigo pola falta de control na calidade da auga

Publicado o 17/06/2019 14:17

O Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Vigo acaba de ratificar a sanción imposta pola Consellería de Sanidade ao Concello por eses incumprimentos da normativa que establece os criterios sanitarios no control da calidade da auga para consumo humano.

O xuíz rebaixa dúas das catro infraccións administrativas que recollía o expediente sancionador e imponlle unha multa de 19.000 euros fronte aos 21.500 iniciais. O maxistrado confirma así a comisión de catro infracións, tres de carácter grave e unha leve pola ausencia de certificación do laboratorio municipal, falta de determinación de metais nas analíticas ou pola ausencia de notificación á autoridade sanitaria dos supostos de auga non apta para o consumo.

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas: "O certo é que vimos que o Concello de Vigo estivo a xogar coa calidade das augas no concello e os xulgados veñen a confirmar a actuación da Xunta de Galicia, a confirmar a falta de calidade das augas pola falta de tratamento no concello de Vigo, unha competencia exclusivamente municipal".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/06/2019