CRTVG

Buscar

A xustiza ratifica a sanción a Echenique por fraude laboral

Publicado o 01/10/2019 14:58

A xustiza volve darlle a razón á Seguridade Social no seu preito contra o secretario de Acción de Goberno de Podemos, Pablo Echenique.

A xuíza ratifica a sanción que lle impuxeran por contratar de xeito irregular un asistente persoal entre 2015 e 2016. Segundo a maxistrada, Echenique mantivo unha relación laboral co traballador, polo que estaba obrigado a dalo de alta na Seguridade Social, algo que non fixo.

Echenique xa anunciou que recorrerá contra esta decisión porque a considera inxusta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/10/2019