A xustiza procesa a Francisco Camps pola construción do circuíto da Fórmula 1
Publicado o 03/05/2019 20:57

O que fora presidente da Generalitat de Valencia, Francisco Camps, será procesado na causa sobre a construción do circuíto urbano de Fórmula 1 na cidade. Como procesados tamén figuran o ex-vicepresidente Rambla e o ex-conselleiro Mario Flores.
Nesta peza investíganse as adxudicacións realizadas en 2007 e 2008 por unha entidade pública para o deseño e construción do circuíto.