CRTVG

Buscar

A xustiza pontevedresa anula as multas por desobediencia do primeiro estado de alarma

Publicado o 19/02/2021 21:12

Os cinco xulgados do Contencioso Administrativo da provincia de Pontevedra emitiron xa respectivas sentenzas que lles dan a razón aos demandantes, e que anulan as multas por saltar o confinamento no primeiro estado de alarma. A clave está en que esas multas foron tramitadas por desobediencia á autoridade, cando en realidade os sancionados non desobedeceron as forzas de seguridade cando lles pediron que volvesen á casa. Os xulgados din que as multas deberon poñerse en todo caso por incumprimento da Lei de saúde pública. O último en recorrer e gañar foi un mozo que estaba xogando ao fútbol na rúa con outros amigos en abril pasado, e ao que lle puxeran unha multa de 600 euros.
 

Noticias web

19/02/2021