CRTVG

Buscar

A xustiza pode axudarnos a resolver os conflitos por mor das herdanzas

Publicado o 06/12/2018 19:13

Se vostede ten dereito a unha herdanza pero non consegue chegar a un acordo co resto da familia para o repartimento, sempre pode pedir axuda nun xulgado e rematar así co conflito.

María Sierra Avogada, especializada en dereito de familia: "Calquera dos interesados na división da herdanza pode instar no xulgado un procedemento de testamentaría, de tal xeito que unha vez valorados todos os bens, o contador partidor fai as partillas e dálle unha parte da herdanza a cada un dos herdeiros".

Facendo isto, non estamos denunciando os outros herdeiros, simplemente pedimos unha mediación legal.

María Sierra, avogada especializada en dereito de familia: "Aquel dos interesados que quere desbloquear a situación en que se atopan por falta de firma de un ou varios herdeiros ten que acudir á vía xudicial para provocar un procedemento en que esa división chegue á súa fin, pero é no ámbito civil e non no penal. Polo tanto, non hai unha denuncia, senón unha demanda", aclara María Sierra.

O que decida o xuíz será de obrigado cumprimento para todas as partes. Coa súa sentenza desbloquea definitivamente a situación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018