CRTVG

Buscar

A xustiza paraliza o parque eólico da serra do Oribio, á espera da declaración do impacto ambiental

Publicado o 21/10/2019 20:43

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia paraliza de forma provisional o proxecto do parque eólico da serra do Oribio, mentres non se actualice a declaración de impacto ambiental.

Nun auto publicado hoxe, o Tribunal suspende de forma provisional o acordo do Consello da Xunta de xuño deste ano, en que se aprobaba introducir modificacións no proxecto definitivo deste parque eólico, que se está a contruír entre os concellos de Samos e Sarria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2019