CRTVG

Buscar

A xustiza reactiva as multas en Madrid Central

Publicado o 05/07/2019 20:19
A xustiza reactiva as multas en Madrid Central

O Xulgado número 24 de Madrid paralizou preventivamente a moratoria das multas en Madrid Central como pediran nun recurso contencioso administrativo Ecoloxistas en Acción e Greenpeace, segundo anunciaron ambos os colectivos nun comunicado. En nome da Plataforma en Defensa de Madrid Central, estas dúas organizacións interpuxeran esta mañá un recurso contencioso administrativo solicitando paralizar de forma inmediata a moratoria ás sancións económicas, que arrancou o 1 de xullo e que se estendía ata o 30 de setembro. 

En cambio, un segundo xuíz, neste caso o titular do Xulgado do Contencioso Administrativo número 7 de Madrid, denegou as medidas cautelares solicitadas polo PSOE sobre a moratoria de multas de Madrid Central porque entende que hai que escoitar previamente o Concello de Madrid.

O Concello asegura que volverá multar "canto antes" e que recorrerá contra o auto que reactiva as sancións. 
A suspensión da moratoria chega cinco días despois da entrada en vigor da suspensión acordada polo alcalde José Luis Martínez Almeida (PP), que goberna en coalición con Ciudadanos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/07/2019