CRTVG

Buscar

A Audiencia Nacional obriga o Goberno a revelar os nomes de altos cargos que non declaran os seus bens

Publicado o 22/06/2020 09:27

A xustiza obriga o Goberno a revelar os nomes dos altos cargos que se negan a declarar os seus bens, ao que están obrigados por lei.

A sentenza da Audiencia Nacional argumenta que o dereito á información pública prevalece sobre a protección de datos ou a intimidade e que debe saberse que altos cargos intentan ocultar, por exemplo, as súas fichaxes por empresas coas que tiveron relación mentres ocuparon o posto. En virtude desta sentenza, a Oficina de Conflitos de Intereses deberá facilitar as identidades de máis dun cento de altos cargos expedientados ou apercibidos nos últimos anos por incumpriren as súas obrigas de transparencia.

Noticias web

22/06/2020