CRTVG

Buscar

A xustiza italiana autoriza o desembarco dos inmigrantes rescatados polo Open Arms

Publicado o 14/08/2019 20:07

A xustiza italiana autoriza o desembarco dos inmigrantes rescatados polo Open Arms. O recurso presentado pola ONG española anula a prohibición que asinara o ministro do Interior, Mateo Salvini. O xiro xudicial abre unha vía de esperanza para os 147 inmigrantes que levan a bordo 

O Open Arms navega xa cara a illa italiana de Lampedusa. O Tribunal Rexional do Lazio atendeu o recurso da ONG e cancelou de xeito cautelar a prohibición dictada polo ministro do Interior, o ultranacionalista Mateo Salvini.

Óscar Prats, fundador de Open Arms, di que "tumbámoslle o decreto de seguridade de Salvini no que nos prohibía entrar en augas italianas baixo ameaza de confiscarnos o barco. Nestes momentos, podemos entrar en augas territoriais, nas 12 millas, non hai ameaza de que interveñan o barco. Dictaminouse que podemos desembarcar estas persoas, o unico que falta é que se nos asigne un porto"

A decisión chega no momento máis delicado para os 147 inmigrantes a bordo, cando un temporal ameaza con poñerlles aínda as cousas máis difíciles despois de 13 días de tirapuxa con Italia e Malta. Ao abeiro de informes psicolóxicos, Open Arms solicita o desembarco urxente de todos eles por razóns médicas. Está por ver a reacción italiana: Salvini promete unha nova prohibición nas vindeiras horas. Ademais, a ONG conseguiu a complicidade de Alemaña e Francia para negociar a repartición dos rescatados, un eixo ao que os dous países queren incorporar a España.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019