CRTVG

Buscar

A xustiza négalle a Ángel Ron trece millóns de indemnización

Publicado o 13/09/2019 19:51
A xustiza négalle a Ángel Ron trece millóns de indemnización

O ex-presidente do Banco Popular, o galego Ángel Ron, non cobrará os case 13 millóns de euros de indemnización polo seu despido da entidade.  Un xulgado madrileño estimou a demanda presentada polo Santander, actual propietario do banco. A sentenza baséase nunha norma comunitaria que prohibe este tipo de pagos a directivos que deixasen unha entidade con perdas. Ron, que terá que devolver os case 230.000 euros que xa cobrou, di que recorrerá contra a sentenza.