CRTVG

Buscar

A xustiza francesa aproba a extradición de Josu Ternera

Publicado o 06/01/2021 19:21
A xustiza francesa aproba a extradición de Josu Ternera

A xustiza francesa deu hoxe o visto e prace á demanda española de extradición do ex-dirixente etarra José Antonio Urrutikoetxea, Josu Ternera.

A petición da Audiencia Nacional realizouse para que Josu Ternera sexa xulgado pola súa implicación no asasinato do directivo de Michelin, Luis Hergueta, cometido en Vitoria en xuño de 1980.

Prevese que o ex-dirixente de ETA recorra o ditame do Tribunal de Apelación parisiense ante o Supremo, polo que o procedemento podería prolongarse meses.

Noticias web

06/01/2021