CRTVG

Buscar

A xustiza europea ve ilegal o cálculo da antigüidade dos traballadores fixos-descontinuos en España

Publicado o 24/10/2019 15:29

• Responde a un caso que afecta dúas empregadas da Axencia Tributaria en Lugo

A xustiza europea advirte de que o xeito de calcular a antigüidade dos traballadores fixos-descontinuos en España vai en contra da directiva europea.

Responde así ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que debe resolver os casos de dúas traballadoras de Lugo contra a Axencia Estatal da Administración Tributaria. Son fixas-descontinuas que traballaron nas campañas da renda e agora reclaman a súa antigüidade. Piden que para o cómputo dos trienios se teñan en conta todos os meses e non só os de traballo efectivo. A Administración rexeita a súa demanda. O Tribunal Europeo responde: deben computarse todos os meses.

Noticias web

24/10/2019