A xustiza europea sentencia hoxe sobre os gastos hipotecarios
Publicado o 16/07/2020 08:23

A xustiza europea sentencia hoxe sobre os gastos hipotecarios. Hai oito millóns de persoas pendentes da sentenza.
Son moitos os afectados e miles de millóns de euros. En concreto, oito millóns de cidadáns que van saber hoxe quen se ten que facer cargo dos gastos de notaría, rexistro, taxación, impostos, comisión de apertura e mesmo as custas de todos estes litixios.
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea emitirá hoxe o seu pronunciamento sobre a quen lle corresponde pagar todos estes gastos e taxas no momento da formalización dunha hipoteca.
Parece ser que non había suficiente consenso sobre esta espiñenta cuestión e os dous xulgados, un de Palma de Mallorca e outro de Ceuta, levaron os seus casos ata a xustiza europea.