CRTVG

Buscar

A xustiza europea avala a devolución de colchóns usados, mesmo sen embalaxe

Publicado o 28/03/2019 17:06

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea avala que se poidan devolver os colchóns usados, acabados de mercar, mesmo sen o precinto nin a embalaxe. A sentenza dálle a razón a un alemán que, despois de mercar un colchón por Internet, denunciou que, cando lle chegou á casa e o probou, aos poucos días non lle permitiron devolvelo e recuperar os cartos porque estaba sen o precinto e usado. Pero iso quere dicir que aínda que fora probado, o colchón pode volver venderse.

A sentenza da xustiza europea di que si é posible devolver un colchón acabado de probar porque iso non impide que poida volver a ser vendido e usado. A xustiza europea fai a comparación co uso repetido que se fai dos colchóns, por exemplo, nos hoteis. Argumentan que si podemos devolver a roupa que mercamos.

Os xuíces da Unión Europea lembran tamén a existencia dun mercado de segunda man de obxectos que son reutilizados, como roupa ou colchóns. No Mercado de Marolles, famoso lugar de venda de obxectos de segunda man de Bruxelas, comprobamos que si hai roupa, mobles, roupa de cama e curiosamente tamén atopamos un colchón que se vende, usado, por dez euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/03/2019