A xustiza devolve á familia os restos de Déborah Fernández
Publicado o 26/05/2021 08:24

Finaliza o exame dos restos mortais de Déborah Fernández, exhumados o 18 de maio. A xustiza devolveralle hoxe o corpo á familia. Esta fará un acto íntimo no cemiterio de Pereiró, tras unha semana de análises na busca de probas que permitan aclarar a súa morte. Os forenses xa remitiron as mostras das unllas a Madrid. Alí os especialistas tratarán de atopar, 19 anos despois e a menos dun ano de que prescriba o delito, algún rastro esclarecedor. Tamén se está á espera dos datos que se poidan extraer do disco duro do ordenador da vítima.