CRTVG

Buscar

A Xustiza determinou que o asasinato do fiscal Alberto Nissman foi un homicidio

Publicado o 01/06/2018 21:21

E unha última hora que nos chega dende A Arxentina. A Xustiza acaba de determinar que o fiscal Alberto Nisman foi asasinado como consecuencia da súa denuncia á ex-presidenta, Cristina Fernández de Kirchner.

A Cámara Federal, máximo tribunal penal que existe na Arxentina por debaixo da Corte Suprema, acaba de confirmar que a morte de Alberto Nisman en xaneiro do 2015, foi un homicidio e non un suicidio.

A sentenza sinala que o asasinato foi unha consecuencia directa precisamente da denuncia que presentara só catro días antes de falecer contra a por aquel entón presidenta, Cristina Fernández, polo suposto encubrimento dos terroristas que atentaron contra a mutua xudía AMIA en 1994 a través dun memorando con Irán, acusación pola que Fernández de Kirchner xa pediu un de desaforamento e detención.  

A sentenza confirma o procesamento dos catro custodios do fiscal por incumprimento dos deberes de funcionario público, e dous deles están acusados de encubridores.Ratifícase tamén a acusación contra Diego Lagomarsino, colaborador de Nisman a quen pertencía a arma que acabou coa súa vida. Considérano partícipe necesario dun asasinato que conmocionou a sociedade arxentina.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/06/2018