CRTVG

Buscar

A xustiza dálle 48 horas a Torra para retirar a pancarta de apoio a presos políticos da Generalitat

Publicado o 20/09/2019 19:22
A xustiza dálle 48 horas a Torra para retirar a pancarta de apoio a presos políticos da Generalitat

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSXC) ordenou ao presidente da Generalitat, Quim Torra, retirar nun prazo de 48 horas a pancarta de apoio aos políticos presos da fachada do Palau da Generalitat, por mor dun recurso presentado pola asociación Impulso Cidadán.

Nun auto, contra o que cabe recurso e que conta cun voto particular, a sala contenciosa do TSXC acorda a retirada da pancarta e o lazo amarelo de apoio aos presos, como medida cautelar mentres resolve sobre o fondo do recurso presentado por Impulso Cidadán.

Torra négase

Quim Torra mantén a pacanrta e recorrerá a orde de retirarla emitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC).


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí