CRTVG

Buscar

A xustiza británica ditamina que Guaidó é a autoridade lexítima para dispoñer do ouro venezolano

Publicado o 02/07/2020 19:31
A xustiza británica ditamina que Guaidó é a autoridade lexítima para dispoñer do ouro venezolano

A xustiza británica recoñeceu o presidente encargado de Venezuela, Juan Guaidó, como a autoridade lexítima sobre as reservas de ouro venezolanas que están depositadas no Banco de Inglaterra. Son 31 toneladas de lingotes de ouro, que teñen un valor duns 1.450 millóns de dólares.

O xuíz baséase en que o Goberno británico recoñeceu a Guaidó como presidente interino constitucional de Venezuela así que será el, e non Nicolás Maduro, quen poida administrar todo ese ouro.

Noticias web

02/07/2020