A xustiza británica decide hoxe se extradita a Julian Assange aos EUA
Publicado o 04/01/2021 08:56

A xustiza británica decide hoxe se extradita a Julian Assange aos Estados Unidos. O fundador de Wikileaks é reclamado polos Estados Unidos por dezaoito delitos de espionaxe e intrusión informática.
Julian Assange foi detido por axentes de Scotland Yard en abril de 2019, despois de permanecer case sete anos asilado na embaixada de Ecuador en Londres.
Desde a detención, o activista australiano está preso no cárcere de Belmarsh, no sueste da capital británica.