CRTVG

Buscar

A xustiza británica condena a Julian Assange a case un ano de prisión

Publicado o 01/05/2019 19:51
A xustiza británica condena a Julian Assange a case un ano de prisión

A xustiza británica condena o líder de Wikileaks a case un ano de cárcere por violar a liberdade condicional cando pediu asilo político na embaixada de Ecuador en Londres. Chegou nun furgón policial, rodeado dunha gran expectación mediática. O xuízo foi breve. O tribunal acusouno de intentar evadir a xustiza ao refuxiarse na embaixada ecuatoriana. Julian Assange defendeuse asegurando que o fixo por medo a ser extraditado aos Estados Unidos. 

Noticias web

01/05/2019