CRTVG

Buscar

A xustiza belga suspende os trámites da euroorde de Puigdemont e Comín

Publicado o 02/01/2020 13:41
A xustiza belga suspende os trámites da euroorde de Puigdemont e Comín

A xustiza belga decidiu suspender o procedemento polo que debía decidir sobre a entrega ou non a España de Carles Puigdemont e Toni Comín ao constatar que gozan de inmunidade tras obter a acta de eurodeputados a raíz a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE).

Segundo confirmaron fontes da defensa de Puigdemont, a xustiza belga non continuará co procedemento que se reactivou coa sentenza do 'procés' ata que o Supremo tramite o suplicatorio ao Parlamento Europeo e este acorde retirarlles a inmunidade.