CRTVG

Buscar

A Xustiza avala o despido dunha vendedora que lle revelou a unha nena quen é Papá Noel

Publicado o 09/01/2018 16:51
A Xustiza avala o despido dunha vendedora que lle revelou a unha nena quen é Papá Noel

A Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Canarias ( TSJC) avalou o despido procedente dunha vendedora do Corte Inglés que acumulou diversas faltas no desempeño do seu traballo, entre elas revelar a unha nena de sete anos a procedencia dos agasallos de Papá Noel.

A sentenza, do pasado mes de xuño, desestima o recurso presentado pola traballadora contra a sentenza do Xulgado do Social Número 6 de Santa Cruz de Tenerife que declarou a procedencia do despido.

Os feitos remóntanse ao 12 de decembro de 2015 cando a traballadora, na sección de xoiería dos grandes almacéns, dille á nena que leve ao seu pai á sección de Perfumería para que a nai lle compre un reloxo como agasallo de Papá Noel, o que deixa á nena "abatida" e ao encargado "avergoñado" ante as queixas da familia.

Antes desta situación, a dependenta foi acumulando diversas faltas ata o punto de que en setembro dese mesmo ano, xa fora sancionada con falta moi grave e suspensión de emprego e soldo de 16 días por manter unha "actitude negativa, pasiva, pouco  diligente e moi afastada da profesionalidade" que require o seu posto de traballo -en febreiro foi traslada da sección de Perfumería a Xoiería-.

Ademais, a empresa cuestionou a súa " incorrección" no  atendimiento aos clientes, as ausencias da súa área de traballo e mal mantemento ou a "falta total de respecto" cara a outros compañeiros, á parte de que nos labores de empaquetado de agasallo, estivo a piques de ferir a un neno ao tirar as tesoiras sobre o mostrador.

Na sentenza arguméntase que detrás do mal comportamento e desobediencia da traballadora escondíase a súa intención de "conseguir un despedimento retribuído" -levaba dez anos na empresa- algo que confesou nunha discusión con outra traballadora: "Que me boten, así me pagan todo o que me deben".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/01/2018