A xustiza avala o despedimento dunha empregada por falar moito por teléfono
O teléfono é un dos clásicos onde aparecen puntos de controversia entre o traballador e a empresa polo seu uso. Sobre esta cuestión non hai nada escrito, cada empresa pode establecer as súas normas, se non as hai, onde estaría o límite?.
A produtividade pode verse afectada polas longas conversas privadas co teléfono da empresa e durante a xornada laboral.
A sentenza do Tribunal Superior de xustiza de Estremadura apoia o despedimento dunha traballadora que realizaba chamadas diarias desde o teléfono do traballo para fins privados. Neste caso, a empresa tiña un protocolo que asinaron os traballadores.
A duración de moitas das chamadas excedían os 50 minutos e a media superaba as 8 conversas ao día. A sentenza considera que a traballadora abusou dos medios profesionais ao empregalos para fins privados.