CRTVG

Buscar

A xustiza arxentina reabre a denuncia de Nisman contra Cristina Fernández

Publicado o 30/12/2016 08:52

Un novo golpe xudicial para Fernández que esta mesma semana era procesada por presunta corrupción

O máximo tribunal penal da Arxentina ordenou reabrir, por unanimidade, a denuncia que o fiscal Alberto Nisman presentara no 2015 contra a, por aquel entón, presidenta, Cristina Fernández, e outros altos mandos do seu Goberno. 

Nisman, a cargo da investigación do atentado perpetrado contra a mutualista xudía AMIA que deixou 85 mortos en 1994, acusábaos de encubrimento dos supostos terroristas iranianos responsables a cambio de mellorar as relacións comerciais con Irán. 

Pero o procurador nunca puido amosar as probas xa que, só unhas horas antes de comparecer, foi atopado morto na súa vivenda dun luxoso barrio de Bos Aires cun tiro na cabeza en circunstancias que case dous anos despois aínda se descoñecen. 

A denuncia contra a expresidenta  fora desestimada en diferentes instancias, pero un recurso da comunidade xudía local -DAIA-, que agora será querelante, fixo posible que se volva investigar e se aparte ós xuices federales a cargo para garantir a imparcialidade no proceso. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/12/2016