CRTVG

Buscar

Bos días

A xustiza arxentina pídelle autorización ao Congreso para deter a Cristina Fernández de Kirchner

Publicado o 08/12/2017 09:12


A xustiza arxentina pide que desaforen á ex-presidenta e actual senadora, Cristina Fernández de Kirchner, para poder arrestala.
Está acusada dun delito de traición á patria e encubrimento, a través dun acordo con Irán, dos terroristas acusados do ataque contra a mutua xudia AMIA en Bos Aires. Fernández de Kirchner asegura ser vítima dun plan político para calar á oposición.


ENTRADIÑA

O Senado, onde Fernández de Kirchner non ten maioría e o peronismo está moi dividido, ten agora a palabra sobre o futuro da expresidenta.
Porque só unha semana despois de asumir como senadora, a Xustiza solicitou que se lle quite a inmunidade parlamentaria para que poidan facer efectiva a súa detención.
Está acusada dun delito de traición á patria e encubrimento, a través dun pacto con Irán, dos terroristas presuntamente responsables do ataque contra a mutua xudía AMIA, o peor da historia arxentina.

PEZA

Trátase da mesma denuncia que realizara o fiscal Alberto Nisman contra Cristina Fernández, só catro días antes de aparecer morto en circunstancias aínda sen resolver.

A exmandataria calificou a decisión de "despropósito" e insistiu en que os feitos dos que a acusan non existiron, polo que se trata dunha causa xudicial inventada que agocha unha maniobra política para calar á oposición. E deixou aberta a posibilidade de recorrer ante un tribunal internacional.

Este é o cuarto procesamento da ex presidenta na xustiza arxentina.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

08/12/2017