CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A xustiza arxentina considera probado que o fiscal Nisman foi asasinado

Publicado o 14/11/2017 21:23

Case tres anos despois da morte do fiscal arxentino Alberto Nisman a causa dá un xiro. A Xustiza considera probado que non se suicidou se non que foi víctima dun plan criminal orquestrado para simular o seu suicidio. Hoxe declarou o primeiro acusado por este homicidio.

Expectación na Arxentina polos importantes avances que se produciron nas investigacións sobre a morte do fiscal Alberto Nisman.

A xustiza considera probado que Nisman foi asasinado e apunta agora cara Diego Lagomarsino, único acusado ata o momento na causa.
Está considerado "partícipe necesario" da súa morte por ser propietario da arma que rematou coa vida do fiscal.

Primeiro foron as evidencias de manipulación na escea do crime, despois un informe policial sinalou que Nisman foi asasinado por dúas persoas tras golpealo e drogalo.
Agora a Xustiza vai máis aló e interroga como imputado a unha peza clave da investigación. Diego Lagomarsino, un home próximo ó fiscal e propietario da arma que o matou.

Nisman apareceu morto cun tiro na cabeza só catro días despois de ter denunciado á, por aquel entón presidenta, Cristina Kirchner, por encubrimento dos iranianos acusados do atentado na mutua xudía AMIA a cambio de acordos comerciais con Irán.

A familia, que sempre defendeu a hipót ese do asasinato, agarda máis aliviada novos datos e pide a detención de Lagomarsino.

Manuel Romero Victorica, avogado das fillas de Nisman
"Unha persoa que está imputada por integrar un plan criminal para asasinar un fiscal da República neste caso pero de calquera país, eu creo que ten que estar detida".

As pescudas céntranse agora nas escoitas telefónicas para tratar de esclarecer o ocorrido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

14/11/2017