CRTVG

Buscar

A xustiza arxentina confirma o procesamento de Cristina Fernández

Publicado o 20/12/2018 19:43

A Xustiza arxentina confirma o procesamento da ex-presidenta Cristina Fernández á que se lle impón tamén prisión preventiva, aínda que seguirá libre porque é senadora e está aforada. A ex-mandataria arxentina está acusada de recibir subornos millonarios de empresarios durante os gobernos dela e do seu marido entre os anos 2003 e 2015.

A Cámara Federal de Bos Aires resolveu así os recursos presentados polas defensas dos imputados. Tamén están investigados no proceso varios empresarios e ex-funcionarios do Goberno, entre eles un primo do actual presidente Mauricio Macri, así como o pai e o irmán.

Noticias web

20/12/2018