CRTVG

Buscar

O TSXG descarta permitir xa o absentismo escolar e obrigar a Xunta a dar clases en liña

Publicado o 04/11/2020 09:42

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeita adoptar as medidas cautelarísimas que solicitou unha das familias contrarias a que os seus fillos asistan a clase de forma presencial durante a pandemia.

Varias familias solicitaron que se lle ordene á Consellería de Educación que habilite a posibilidade de que os nenos realicen a formación a distancia. Con todo, un auto do alto tribunal galego desbota permitir o absentismo escolar e a adopción desas medidas antes de escoitar as consellerías de Educación e Sanidade.

As familias demandantes consideran que a formación presencial nas aulas expón os seus fillos ao contaxio da covid-19. Desde o tribunal explícase que esta fase do procedemento se limita a rexeitar as medidas cautelarísimas solcitadas, pero non responde aínda ao fondo da cuestión, é dicir, se os alumnos poderán ausentarse para formarse en liña.

Noticias web

04/11/2020