CRTVG

Buscar

A xustiza abre dilixencias previas contra o exministro Illa polas máscaras defectuosas

Publicado o 10/09/2021 16:23
A xustiza abre dilixencias previas contra o exministro Illa polas máscaras defectuosas

A xustiza abre dilixencias contra o exministro de Sanidade Salvador Illa pola xestión das máscaras defectuosas. Investígase un presunto delito contra a saúde dos traballadores logo da compra, por parte do Ministerio, de máscaras non homologadas e que, polo tanto, non protexían os sanitarios fronte ao contaxio. O material distribuíuse en diversos hospitais nos primeiros meses da pandemia. Agora é a Fiscalía a que debe pronunciarse.

Noticias web

10/09/2021