CRTVG

Buscar

A Xunta volve pedirlle ao Goberno central que concrete as súas achegas ao Xacobeo 2021

Publicado o 21/01/2020 15:24

A comisión organizadora do Xacobeo 2021 reuniuse hoxe en Santiago para ratificar as propostas validadas polo Consello Xacobeo, o órgano de coordinación en que se integran as 9 comunidades autónomas do norte da península polas que pasan os Camiños de Santiago. Máis do 60% das iniciativas xa validadas partiron de Galicia e o conselleiro de Cultura demándalles ao resto das administracións que se impliquen do mesmo xeito sen demora.

Con vistas ao próximo Xacobeo, desde a Xunta pídenlle tamén a Fomento que asegure a posta en marcha do AVE.

O plan estratéxico estatal para a xestión do patrimonio dos Camiños que demanda a Administración autonómica debería incluír tamén, segundo Román Rodríguez, un programa específico para a protección e promoción de todos os bens de interese cultural.

Noticias web

21/01/2020