A Xunta ve negativo o acordo de pesca do 'brexit'
Publicado o 25/12/2020 21:31
A Xunta anunciou hoxe que Galicia será belixerante para seguir defendendo os intereses da frota e recuperar os dereitos de pesca perdidos no acordo do brexit.
A falta de coñecer os termos concretos do acordo, a Xunta considérao sumamente negativo porque semella que se lle entrega de forma definitiva á frota británica o 25 por cento das cotas de pesca europeas a cambio de cinco anos e medio de acceso ás augas do Reino Unido.
Consideran que esta decisión é alarmante para a frota galega porque os barcos perderán cotas importantes de pesca, especialmente os que faenan no Gran Sol.