CRTVG

Buscar

A Xunta vai reforzar a campaña da gripe, que comeza o 12 de outubro

Publicado o 27/08/2020 10:34

Sobre a gripe, en Galicia a campaña comezará o 12 de outubro, e vaise reforzar. Así o anunciou onte o presidente da Xunta en funcións.

Alberto Núñez Feijóo dixo que se van redobrar os esforzos ante a campaña da gripe, co obxectivo de chegar a un maior número de cidadáns, e especialmente aos maiores de 65 anos.

O principal obxectivo é conseguir que se vacine polo menos o 75 por cento destas persoas e dos colectivos de risco.

Para iso, a Xunta vai mercar 865.000 doses da vacina, duascentas mil máis ca o ano pasado, que se administrarán en 900 centros de saúde e residencias de toda Galicia.

A campaña de vacinación contra a gripe vai comezar o día 12 de outubro, e durará ata final de ano, un total de 12 semanas.

Este ano ponse especial énfase na importancia da vacina, pola confluencia da gripe coa pandemia da covid-19.





 

Noticias web

27/08/2020