CRTVG

Buscar

A Xunta recorre a protección do lobo por "improvisada" e "desproporcionada"

Publicado o 23/09/2021 14:24

A Xunta vai presentar un recurso xudicial contra a orde que supón a protección do lobo por considerar que se trata dunha normativa que "non é proporcionada" e que xorde da "improvisación", anunciou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Feijóo cualificou de "broma de mal gusto" o cálculo realizado polo Goberno central, que cifrou o custo para toda España desta orde que prohibe a captura do lobo en 25.000 euros.

Núñez Feijóo avanzou na conferencia de prensa celebrada tras a celebración da reunión semanal do Consello da Xunta que o Goberno autonómico autorizou a Asesoría Xurídica a presentar este recurso ante os tribunais contra a orde do Executivo que modifica a Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (LESPRE) para incluír o lobo ibérico (Canis lupus), que xa entrou en vigor tras a súa publicación este martes. 

Ao mesmo tempo, tamén dixo que se solicitará a suspensión cautelar da norma e explicou que nos próximos días representantes de comunidades que se opoñen a esta orde ministerial se van reunir para tratar de formar unha fronte común.

Noticias web

23/09/2021