CRTVG

Buscar

A Xunta vai levar ao Parlamento a repartición "discriminatoria" dos fondos europeos

Publicado o 24/06/2021 15:05

A Xunta está elaborando un informe sobre as reparticións de fondos europeos que fai o Goberno entre as comunidades. Alberto Núñez Feijóo insistiu hoxe en que Galicia sempre sae prexudicada e anuncia que van levar este asunto ao Parlamento.

"Galicia está perdendo en practicamente todas as conferencias sectoriais. Ademais, o Goberno vulnera o sistema de financiamento autonómico. É a primeira vez en 40 anos que se reparten miles de millóns de euros rompendo o sistema de financiamento autonómico e facendo o financiamento de cada fondo en función do que interesa ao Goberno na súa estabilidade parlamentaria", afirmou o presidente da Xunta.

Noticias web

24/06/2021