CRTVG

Buscar

A Xunta vai investir máis de 273.000 euros nas obras de consolidación da muralla romana de Lugo

Publicado o 15/07/2019 13:05

En Lugo están en obras no momumento máis emblemático da cidade, en plena muralla romana.

Estamos no adarve da muralla romana xusto na zona na que acaban de comezar novos traballos de consolidación no cubo VII, nas inmediacións da porta de Bispo Odario. As obras permitirán non só consolidar a estrutura e o lenzo contiguo, senón tamén indagar máis sobre a historia e a funcionalidade deste momumento dado que aquí debaixo apareceron unhas escaleiras interiores e un espazo abovedado.

A Consellería de Cultura e Turismo investirá nestas obras máis de 273.000 euros. Os traballos serán executados durante o verán e prevese que estean rematados en setembro. Con todo, estes traballos non serán os únicos, está licitada xa a restauración do cubo XXXI e aprobouse o proxecto para musealizar o túnel que apareceu no cubo VI.

Noticias web

15/07/2019