CRTVG

Buscar

A Xunta fará unha reserva de crédito para subir o salario dos funcionarios

Publicado o 15/10/2019 15:08

Os orzamentos da Xunta para o 2020 contemplan o crédito para garantir a suba salarial dos funcionarios públicos en canto o habilite o Goberno central. Unha reserva de entre 80 e 90 millóns para suba mínima do 2,2%.

O conselleiro de Facenda esegurou que o fan para que "cando teñamos a habilitación do Estado poidamos pagarlles aos noso funcionarios a partir do primeiro de xaneiro, que en concreto vai ser un 2,2%".

Así llelo expuxo o conselleiro de Facenda aos axentes sociais. As contas contemplan un incremento dos recursos para investimentos e fomento do emprego.

O secretario xeral en funcións da CEG mantén que "os datos de paro, afiliación e crecemento en Galicia son positivos. Hai unha certa ralentización e os orzamentos o que tratan é de achegar unha certeza neste momento"

Os empresarios avalían positivamente o esforzo investidor e os sindicatos falan de emerxencia industrial.

Desde a CIG piden "que a Xunta exerza as súas competencias e poña en marcha medidas que favorezan unha industria que garanta un emprego estable".

Para o 2020, o Goberno galego prevé un crecemento económico do 1,9% en 2020 e unha taxa de paro en descenso ata preto do 10%.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/10/2019