CRTVG

Buscar

A Xunta utilizará 21 millóns do superávit para a mellora de infraestruturas educativas

Publicado o 10/05/2019 15:01

O Diario Oficial de Galicia publicou a Lei de reforzo de actuacións prioritarias que permitirá a Galicia utilizar os 125 millóns de euros de superávit de 2018.

Unha das primeiras partidas irá destinada a obras de mellora nos centros educativos. O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dixo na cámara galega que se acaban de licitar obras de mellora en 22 centros educativos, para este mesmo verán, por valor de 21 millóns de euros.

Noticias web

10/05/2019