CRTVG

Buscar

A Xunta pídelle ao Goberno un protocolo para a reapertura do comercio

Publicado o 29/04/2020 19:30

A Xunta solicítalle ao Goberno de España que estableza protocolos claros para que o comercio volva á actividade ofrecendo confianza aos consumidores. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria participou na conferencia sectorial, en que insistiu en que se debe aclarar como vai ser a reapertura dos establecementos e defendeu a necesidade dun plan de acompañamento laboral nos casos dos ERTE e dos autónomos afectados por cesamento de actividade.

A Xunta xa está a elaborar co sector un plan de reactivación que busca que os consumidores acudan ao comercio de proximidade.

 

Noticias web

29/04/2020