A Xunta urxe a creación de novos órganos xudiciais
Publicado o 02/03/2020 19:33
Un ano e medio despois da última xuntanza da Conferencia Sectorial de Xustiza, o Goberno comprométese a volver xuntar as comunidades autónomas no prazo dun mes. É o compromiso do ministro de Xustiza co vicepresidente da Xunta.
Alfonso Rueda trasladoulle a Juan Carlos Campo as principais necesidades da xustiza en Galicia. Unha delas é a creación de novos órganos xudiciais.