CRTVG

Buscar

A Xunta ultima os preparativos para garantir a seguridade en campamentos e albergues xuvenís

Publicado o 10/07/2020 13:52

Os campamentos e albergues xuvenís que dependen da Xunta ultiman os preparativos para a campaña de verán, que este ano se adiou polo coronavirus. A conselleira de Política Social visitou o albergue da Sinas, en Vilanova de Arousa, un dos máis demandados.

Un total de 240 rapaces de entre 13 e 17 anos participarán desde o día 15 nas actividades previstas nestas instalación en catro quendas diferentes. Para acoller estes campamentos, adecuáronse os distintos espazos e adoptáronse outras medidas de seguridade.

A conselleira, Fabiola García, explica que este ano se reduciu dun xeito moi importante a ocupación, ata un 50% nestas instalacións, "para que os nenos e as nenas cumpran o distanciamento de metro e medio".

"Ademais, multiplicamos a ratio de persoal. Habitualmente era un monitor por cada dez nenos e este ano será un monitor por cada 3 nenos", engadiu a conselleira.

Noticias web

10/07/2020